Expediente administrativo - xunta de galicia

Play all audios:

Loading...

A titulación académica actualízase no apartado de Formación/Formación académica. Para a súa actualización seleccione o seu título, xa sexa universitario ou non universitario.  Se non se opón


á consulta comprobarase automaticamente a súa titulación empregando os servizos de consulta de datos -cos datos ofrecidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes


(consulta do rexistro de títulos non universitarios) e para os estudos universitarios o rexistro de títulos universitarios oficiais do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades-. No


caso  de opoñerse á consulta debe indicar o motivo e achegar un documento válido que acredite suficientemente a súa titulación.  Titulacións non universitarias Poderanse comprobar os títulos


que consten no rexistro de títulos non universitarios. Os servizos de consulta poden comprobar automaticamente as titulacións non universitarias que estean no Rexistro nacional de títulos


non universitarios que inclúe títulos expedidos con posterioridade a 1991.  Non están incluídos neste rexistro: * Certificados de profesionalidade * Superación de probas de acceso á


universidade * Superación das probas de acceso á Formación Profesional * Certificado de superación do Curso de Orientación Universitaria (COU) * Outros tipos de certificados que non conduzan


a estudos oficiais * Bacharelato elemental (Plan 1957). A competencia para a expedición destes títulos corresponde ao director ou directora do centro docente (actuais Institutos de


Educación Secundaria) onde se finalizaron os estudos. * Bacharelato superior (Plan 1957). A competencia para a expedición destes títulos corresponde ao reitor ou reitora da universidade á


que estivese adscrito o centro docente onde se finalizaron os estudos. * Equivalencias Nestes casos deberá achegar a documentación acreditativa correspondente xuntando os documentos


específicos do seu título ou estudo.  Titulacións universitarias * Os servizos de consulta poden comprobar automaticamente as titulacións universitarias do rexistro de títulos universitarios


  * Non se poden comprobar automaticamente equivalencias ou convalidacións de estudos Se vostede ten un dobre grao consúlteo co seu nome correspondente (non inclúa cada un dos graos). As


especialidades e estudos de posgrao, como a suficiencia investigadora ou a tese doutoral (plans Pre-Boloña), teñen que consignarse dentro da mesma titulación académica. Para isto ten que


premer sobre a icona con forma de ollo á beira da titulación. Non se cargarán por separado como un mérito independente. Os estudos de doutoramento do plan Boloña (Espazo Europeo de Educación


Superior) poden introducirse como un nivel específico.