Play all audios:
O persoal funcionario de carreira que se encontre a disposición ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo terá a obriga de participar nos concursos de traslados nos que se
convoquen prazas abertas ao seu corpo, escala e, de ser o caso, especialidade. Deberá solicitar, á súa elección, todos os postos situados nunha das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol,
Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense; ou todos os que se atopen 30 km da localidade do último posto que ocupou con carácter definitivo ou, da localidade do posto a que
estea adscrito provisionalmente A relación das localidades distantes 30 km segundo o punto de orixe recóllese nas instrucións da Dirección Xeral da Función Pública publicadas aquí. O
incumprimento desta obriga dará lugar ao paso á situación de excedencia voluntaria por interese particular. O persoal funcionario de carreira que se encontre adscrito por motivo de saúde ou
rehabilitación a un posto de traballo en distinta localidade daquela na que teña o seu destino definitivo está obrigado a participar no concurso e solicitar todos os postos adecuados ao seu
corpo, escala e especialidade, situados na localidade do posto ao que figure adscrito. O incumprimento desta obriga determinará o cesamento no posto no que figure adscrito por motivos de
saúde ou rehabilitación.