Información xeral - xunta de galicia

Play all audios:

Loading...

As persoas candidatas que desexen participar no proceso selectivo deberán posuír e/ou cumprir, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:


Nacionalidade * Española * Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea * Ser nacional dalgún Estado onde sexa de aplicación a liberdade de circulación de traballadores/as *


Independentemente da súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/las e dos/as nacionais dalgún dos Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente Tratado, o/a


cónxuxe dos/as nacionais dalgún Estado nos cales sexa de aplicación a liberdade de circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito * Así mesmo, e coas mesmas


condicións que os/as cónxuxes, poderán participar os/as descendentes e os/as do/a seu/súa cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas Nas


convocatorias de procesos selectivos para acceder á condición de persoal laboral poderán participar aquelas persoas que, non estando incluídas nos parágrafos anteriores, se encontren en


España en situación legal, sendo titulares dun documento que as habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. En consecuencia, poderá participar quen se encontre


en situación de residencia temporal, quen se encontre en situación de residencia permanente, quen se encontre en situación para residir e traballar, así como as persoas refuxiadas. Idade Ter


16 anos e non ter acadada a idade de xubilación forzosa ou a idade máxima que se estableza na propia convocatoria do proceso selectivo. Titulación Deberase posuír a titulación establecida


nas bases da convocatoria. Para o caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase posuír, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, un documento que acredite,


de maneira que faga fe, a súa homologación.  Compatibilidade funcional Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das


correspondentes funcións. Habilitación Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas. Non estar inhabilitado/a por sentenza


firme para o exercicio das funcións públicas. Non pertencer ao mesmo corpo ou escala a cuxas probas selectivas se presenta.