Información xeral - xunta de galicia

Play all audios:

Loading...

As persoas integrantes dunha lista que non aceptasen ou rexeitasen os postos ofertados a que están obrigadas, non se presentasen no posto de traballo previsto na credencial no prazo indicado


ou renunciasen a un posto para o que foron seleccionadas quedarán excluídas dos chamamentos durante un ano, que se contará desde a data do feito causante da exclusión. Este período está


reducido a seis meses durante o ano 2025 por aplicación da disposición adicional oitava da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251 do 31 de


decembro). Hai determinados casos exceptuados da penalización, como a renuncia derivada de forza maior apreciada pola Comisión Permanete,  a renuncia a un posto para desempeñar outro vacante


nos supostos previstos no artigo 15.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Entre as excepcións á penalización tamén se atopa a renuncia a un posto con xornada igual ou inferior ao setenta por


cento da xornada ordinaria ou a un posto de carácter descontinuo cun período de actividade igual ou inferior a seis meses. Neste último caso, a persoa poderá renunciar ao posto, sen


penalización, unha vez que transcorran seis meses desde a data do inicio de prestación de servizos que figura no contrato e sempre que preavise con quince días hábiles de antelación á data


de efectos da renuncia ao servizo de persoal correspondente. As persoas integrantes das listas que estean penalizadas e queiran volver formar parte delas poderán solicitar a reincorporación.


A solicitude de reincorporación presentada durante o período de penalización producirá efectos transcorrido o devandito período. A solicitude presentada con posterioridade ao remate do


período de penalización producirá efectos o día seguinte ao da súa presentación. A solicitude de reincorporación deberase realizar e presentar electronicamente. Acceder