Play all audios:
A toponimia das PROVINCIAS, PARROQUIAS, CONCELLOS E LUGARES DE GALICIA, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia e coas normas ditadas pola Xunta de Galicia, pode consultarse a través
do SERVIZO DE CONSULTA DO NOMENCLÁTOR DE GALICIA. No Nomenclátor figuran os nomes oficiais das entidades de poboación. Para a recollida, normativización e dixitalización de toda a
microtoponimia de Galicia iniciouse o Proxecto Toponimia de Galicia (PTG), que no seu buscador ofrece resultados parciais sobre os nomes de entidades humanas, terras, augas, vías e
accidentes xeográficos. PRINCIPIOS NORMATIVOS A toponimia oficial elaborouse con base nos PRINCIPIOS NORMATIVOS seguintes: * Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG
14.07.1983). No seu artigo 10 establece: * Os topónimos terán como única forma oficial a galega * Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos
territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente * Estas
denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en todos os
casos as normas internacionais que subscriba o Estado * Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a
composición da Comisión de Toponimia (DOG do 22.06.1998) * Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia
(DOG do 21.09.1984) DECRETOS DA TOPONIMIA OFICIAL A toponimia oficial está recollida nos SEGUINTES DECRETOS: * A CORUÑA - Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor
correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña (DOG do 25.03.2003) * LUGO - Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de
poboación da provincia de Lugo (DOG do 25.01.2000) * OURENSE - Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de
Ourense (DOG do 29.08.1996) * PONTEVEDRA - Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra (DOG do
28.07.1998)