- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Para teletraballar é necesario, en todo caso, dispor dun equipo informático con acceso a internet. Pode optar por unha das seguintes modalidades: Nesta modalidade a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia substituirá o seu posto fixo actual da oficina por un equipo móbil completo consistente en: * Portátil * Pantalla externa de 24 pulgadas * Teclado e rato
externos * Replicador de portos que conecta todos os elementos anteriores mediante un único cable Nesta nova modalidade de posto de traballo, cando desenvolva a súa actividade na oficina,
empregará o portátil, que actuará como posto fixo. Os días que teña planificado desenvolver a súa actividade en réxime de teletraballo, deberá desconectar o portátil do posto da oficina e
levalo consigo ao seu domicilio, onde será suficiente con que o conecte a Internet para acceder normalmente aos recursos de traballo mediante o uso da solución corporativa de acceso remoto
VPN. Nesta modalidade deberá dispoñer no seu domicilio dun equipo propio e acceder ao seu escritorio de traballo corporativo da oficina mediante o uso da solución corporativa de acceso
remoto VPN. O acceso ao escritorio do posto de traballo realizase mediante a Conexión a Escritorio Remoto (no caso do sistema operativo Windows) e é necesario que o equipo da oficina estea
acendido. Nesta modalidade, e durante o propio proceso de conexión á rede corporativa, o novo sistema VPN verificará automaticamente se o seu equipo cumpre cos requirimentos de seguridade
mínimos (dispoñer dun antivirus, ter un sistema operativo debidamente actualizado...). Nesta modalidade será vostede a persoa responsable de que o seu equipo dispoña destes elementos de
seguridade. En calquera das dúas modalidades, adicionalmente precisará dos seguintes medios: Nos distintos apartados desta sección "Teletraballar na Xunta de Galicia" facilítase
información sobre como solicitar e como configurar as ferramentas necesarias, así como os principais recursos aos que se pode acceder. Coa información dispoñible na páxina "Como
conectarse á rede da Xunta?" poderá acceder á intranet corporativa onde atopará información máis ampla no apartado https://intranet.xunta.gal/teletraballo. Só con dispor de acceso a
internet xa pode acceder a moitas das ferramentas básicas de uso cotiá na xornada de traballo ordinario, como é o caso do correo corporativo, o portal do empregado PortaX e o portal de axuda
Axudot, así como outras ferramentas transversais ou específicas da súa área de traballo.