Play all audios:
Creación O Servizo de Prevención de Riscos Laborais para os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia créase ao abeiro do Decreto 204/1997, de 24 de xullo. Ademais
deben crear os seus propios servizos o Sergas (centros sanitarios) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (só para os centros docentes). O servizo deberá estar en
condicións de proporcionar á Xunta de Galicia o asesoramento e apoio en función dos tipos de riscos nela existentes (artigo 31.2 da lei 31/95 modificada pola lei 54/2003). Servizo de
Prevención Alleo Tendo en conta a complexidade da Administración da Xunta de Galicia, polo amplo número de traballadores e traballadoras, a dispersión dos centros de traballo e a variedade
na tipoloxía das actividades que nela se desenvolven, faise necesario contar con axuda externa para acometer a Prevención de Riscos Laborais, motivo polo cal se concerta esta prestación cun
Servizo de Prevención Alleo.