Prestación por risco durante o embarazo e a lactación


Play all audios:

Loading...

A Disposición Adicional Decimo oitava da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, deu unha nova redacción aos artigos 134 e 135 do Texto Refundido


da Lei Xeral da Seguridade Social, relativos á prestación por riscos durante o embarazo ou a lactación natural. En base a estas modificacións, a prestación concederíaselle á muller


traballadora nos mesmos termos e condicións previstos para a prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais. Desta forma, encomendaríaselle a xestión e


o pago da prestación á entidade xestora ou á mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social que corresponda, en función da entidade coa que a empresa teña


concertada a cobertura dos riscos profesionais.