Play all audios:
A cooperación entre as Administracións públicas é esencial para proporcionar servizos aos cidadáns, garantíndolles o seu dereito a relacionarse con elas por medios electrónicos e a non ter
que achegar documentos que xa foran elaborados por elas ou obren no seu poder.
Esta cooperación é posible grazas á interoperabilidade, que é a capacidade que teñen os sistemas de información, e os procedementos aos que lle dan soporte, para poder compartir datos.
Ademais dos importantes aforros económicos e de tempo que a interoperabilidade supón, tanto para a propia Administración como para a cidadanía, esta:
pasaXe!, o nodo de interoperabilidade de Galicia, permite a obtención de información de cidadáns ou empresas elaborada pola Administración de xeito sinxelo, seguro, centralizado e
respectando a privacidade do cidadán.
O portal de interoperabilidade galego, que xa incorpora máis de 80 servizos, ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionarlle aos
cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito para relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aqueles documentos susceptibles de ser consultados por
conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas cambiou substancialmente a forma de acceso aos datos e documentos
esixidos polas administracións públicas. Así, estas últimas non poderán requirirlles ás persoas interesadas aqueles datos e documentos que fosen elaborados por elas (acreditación da
identidade, residencia, familia numerosa...) nin aqueles outros que xa foran presentados anteriormente e, polo tanto, poderán acceder a eles cando non exista denegación expresa das persoas
interesadas.
Adicionalmente, o Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI), regulado polo Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, estableceu o conxunto de criterios e recomendacións que deben ser tidos en
conta polas Administracións públicas para a toma de decisións tecnolóxicas que garantan a interoperabilidade. Do mesmo xeito, as normas técnicas de interoperabilidade previstas na súa
disposición adicional primeira desenvolveron certos aspectos concretos.
Impulsar a interoperabilidade na Administración galega foi posible grazas á cooperación interadministrativa, materializada nos seguintes convenios:
Desde a súa publicación, pasaXe! vén incorporando progresivamente novos servizos ao seu catálogo. Estes son os que o conforman actualmente: