- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Zaza Ceballos é unha produtora, escritora e directora cinematográfica galega. Estudou Lingua e Literatura nos Estados Unidos e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Zaza
Ceballos foi unha das pioneiras do audiovisual de Galicia desde os seus inicios na Televisión de Galicia, e cos seus proxectos a través da produtora Zenit Televisión SA, coa que desenvolveu,
entre outros, un proxecto que incluía a realización de varias películas biográficas de mulleres históricas e relevantes de Galicia como Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou Rosalía de
Castro. Esta serie de audiovisuais puxo en valor a figura das mulleres sobranceiras da historia de Galicia achegando á sociedade o seu traballo a prol da igualdade entre homes e mulleres.
En 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia, optando a diversos postos de responsabilidade, atendendo a cuestións dos mercados e foros internacionais de MIP, MIPCOM, BBC Showcase,
NATPE, LA Screenings, MonteCarlo TV Festival, London Screenings, e proxeccións nos festivais de cine de San Sebastián, Sitges e Munich, entre outros. En 1998 fundou Zenit Televisión, onde é
a directora e produtora executiva. Actualmente é profesora de creación no Mestrado de desenvolvemento e distribución de contido audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Recibiu a Medalla Emilia Pardo Bazán 2021.