Medallas de galicia. 2016 - xunta de galicia


Play all audios:

Loading...

Catedrático, tradutor e escritor É catedrático de Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa. Emigrante en Cataluña desde moi novo,


despois de diversos oficios vinculados ao mundo editorial comezou a exercer a ensinanza universitaria, onde se converteu nos anos 60 e 70 en referencia da cultura galega en Cataluña. Autor


de numerosos estudos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira, ten traducido 150 libros en sete linguas. A dimensión literaria da súa obra destaca nos seus traballos de Antoloxía e


Escolma de poesía galega, publicados en edicións bilingües fóra de Galicia e que constitúen valiosas referencias da poesía galega. En 1991 recibiu o Premio Nacional de tradución por


Memorial do convento, de José Saramago. Recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña; a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem


do Cruzeiro do Sul, de Brasil; a Medalla Castelao ou o Premio Otero Pedrayo. Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue a impartir clases e tamén escribindo: aos setenta anos


publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina. No ano 2015 a Real Academia Galega acorda nomealo Académico de Honra.