- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Ávila, 1952 – Santiago, 2013 Creador da Sexta Provincia. Enrique Beotas (Ávila, 1952 – Santiago, 2013), destacado xornalista e comunicador, impulsou a “Galicia, Sexta Provincia”. Durante os
anos 80 foi xefe de prensa de Manuel Fraga en Alianza Popular, despois sería director de comunicación de empresas como Acciona ou Unedisa. Durante dúas décadas, ademais, foi director de “La
rebotica”, un dos máis destacados programas radiofónicos sobre saúde. O amor a Galicia de Beotas, que se definía como galego, malia non ter nacido nesta terra, levouno a crear “Galicia,
Sexta Provincia”, dez volumes de entrevistas con máis de 300 galegos de adopción. A “Sexta Povincia” de Beotas xuntaba anualmente en Mondariz aos que formaban parte dunha comunidade que se
ía facendo máis e máis grande. Da súa semente naceu este ano a Asociación Galicia Sexta Provincia.