- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia Institución científica e cultural O pasado ano cumpríronse 180 anos dende o seu establecemento, que tivo lugar o 7 de xuño de 1831 en Santiago
de Compostela, aínda que a súa creación fora aprobada por un real decreto de Fernando VII o 28 de agosto de 1827. O 18 de xullo de 1833, a Real Academia trasladouse á cidade da Coruña, na
que se mantén ata a actualidade. O nacemento da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, xunto con outras nove aprobadas no mesmo real decreto de Fernando VII, representou a primeira
tentativa seria para organizar, de maneira global, o devir da medicina. Na actualidade, as súas misións principias son as de cultivar e estimular o estudo e a investigación das ciencias
médicas; auxiliar ás autoridades nas cuestións sanitarias; conservar e cultivar unha biblioteca especializada e informar aos investigadores sobre cuestións sanitarias. A principal expresión
desas actividades constitúena a realización de sesións científicas semanais, abertas aos profesionais médico-sanitarios en xeral e nas que que, como un foro de formación continuada en nivel
de excelencia, se fai unha permanente posta ao día dos progresos médicos nos seus diversos aspectos preventivo, diagnóstico, pronóstico e terapéutico. Igualmente, lévanse a cabo sesións de
divulgación socio-sanitaria destinadas a contribuír á mellor educación, nesta materia, da poboación galega en xeral, impartindo conferencias “á carta” en atención ao que a sociedade demande.
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, como institución, recibiu a Placa de Ouro ao Mérito Sanitario de Galicia no ano 2003, o XII Premio “Novoa Santos” de ASOMEGA (Asociación
de Médicos Galegos no exterior) no ano 2007 e a Medalla de Ouro da Cidade da Coruña no ano 2009. Na actualidade, presidida polo profesor D. José Carro Otero, forman parte da Academia 38
académicos numerarios; 6 académicos de honra; 5 académicos honorarios e 301 académicos correspondentes (204 residen en Galicia; 63 noutros lugares de España e 34 no estranxeiro: Alemaña,
Arxentina, Cuba, Francia, Gran Bretaña, Italia, Uruguai e Estados Unidos). A Real Academia promove becas, premios, congresos para potenciar a divulgación das ciencias médicas. A súa máxima
distinción é a Medalla de Honor, que no ano 2012 recaeu na Escola Naval Militar de Marín como recoñecemento á colaboración que veñen mantendo estas dúas institucións dende que comezaron a
colaborar organizando diversas sesión de carácter académico para os alumnos do centro castrense de Marín fai xa unha década.