- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Francisco Álvarez-Cascos Fernández Ministro de Fomento do Goberno de España Álvarez-Cascos viviu a súa xuventude á marxe das correntes políticas, centrado nos seus estudos de Enxeñeiro de
camiños, canles e portos na Escola Técnica Superior de Madrid. En 1976 cáptao Manuel Fraga para Reforma Democrática, embrión do que sería Alianza Popular e convértese no seu home en
Asturias. Desde 1979 ocupa diversos postos como concelleiro do concello de Xixón, deputado provincial e conselleiro rexional de Asturias, ata que en 1982 é elixido senador e comeza a súa
andaina política nacional. Xa deputado nas Cortes, é elixido secretario xeral do partido, posto que ocupa durante 10 anos. Despois da vitoria do Partido Popular nas eleccións lexislativas de
1996, é nomeado vicepresidente do Goberno e ministro da Presidencia. No 2000 pasa a ser ministro de Fomento. Tras varios anos en segundo plano, en 2011 abandona o PP, desconforme coa falta
de apoio explícito de Mariano Rajoy, e funda Foro Asturias, formación con que gana as eleccións autonómicas dese ano, asumindo a Presidencia do Principado durante 10 meses. Autor de varios
libros, Francisco Álvarez Cascos foi distinguido, ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia, coa Medalla de Ouro da cidade de Oviedo.