Medallas de galicia. 1996 - xunta de galicia


Play all audios:

Loading...

Institución para a divulgación e investigación cultural en Pontevedra Créase en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra, á iniciativa dos deputados Gaspar Massó, César Lois e Alfredo


Espinosa, co fin de completar o labor da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, á que sucede e da que recibe un importante legado. Desde os seus comezos o museo concíbese, non como almacén de


pezas, senón como centro de estudo, coñecemento e divulgación da cultura galega en todas as súas facetas. O museo conta con seis edificios, a maioría no casco histórico de Pontevedra, reúne


máis de 16.000 pezas e dispón dunha biblioteca con máis de 50.000 exemplares. Nas súas salas pódese contemplar, desde obra pictórica de autores como Ribalta, Ribera, Zurbarán, Murillo,


Ferreiro, García de Bouzas, Sotomayor ou Fernández Taibo, entre outros; ata exemplos das distintas etapas de Sargadelos, pasando por traballos en acibeche relacionados coas peregrinacións a


Santiago. Tamén pode verse arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana, ourivaría popular e civil, restos arquitectónicos, mobiliario, instrumentos musicais e un grande número de elementos


vinculados á tradición mariñeira. Mención á parte merece o legado de Castelao, composto por máis de 1.000 obras, entre óleos, augadas, plumiñas, notas coloreadas, temples…, imprescindibles


para comprender a súa visión de Galicia.