- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Don Xoan Carlos I, Rei de España Rei de España A Súa Maxestade o Rei nace o 5 de xaneiro de 1938 en Roma, onde residía a Familia Real. Fillo de Don Xoán de Borbón e Battenberg, Conde de
Barcelona e Xefe da Casa Real española, e Dona María das Mercedes de Borbón e Orleáns. Tras residir e estudar en Lausana, Friburgo e Estoril, en 1948 inicia a súa formación en España. Estuda
bacharelato, recibe formación militar nos tres exércitos e en 1960-1961 completa os seus estudos na Universidade Complutense de Madrid. En 1962 contrae matrimonio coa Princesa Sofía de
Grecia, primoxénita dos monarcas helenos. En 1969 é nomeado sucesor á Xefatura do Estado e o 22 de novembro de 1975, tras a morte de Francisco Franco, é proclamado Rei de España co nome de
Xoán Carlos I. En 1977 o seu pai, Xoán de Borbón, traspásalle os dereitos dinásticos que recibira de Afonso XIII. No seu reinado España viviu a transición da ditadura á democracia,
celebrándose en 1977 as primeiras eleccións xerais democráticas desde 1936. O 6 de decembro de 1978 apróbase en referendo a actual Constitución Española. A súa intervención na noite do Golpe
de Estado do 23-F de 1981, consolida a súa imaxe como monarca, dentro e fóra de España. En 1985 España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea. Xoán Carlos I dedica
especial atención ás relacións internacionais, especialmente coa América latina, o mundo árabe e os países occidentais. Recibiu numerosos premios internacionais e é Doutor Honoris Causa por
unha trintena de universidades españolas e estranxeiras.