- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Rianxo, A Coruña, 1886- Bos Aires, 1950 Político, escritor, médico, pintor e debuxante Emigrante na Arxentina durante a súa infancia, entre 1895 e 1900;
médico de profesión ata 1914; funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico desde 1918; Castelao é un dos principais referentes da arte galega e do galeguismo como expresión política.
Autor polifacético, a súa creación abarca desde a caricatura e a ilustración, con álbums como Nós, Galicia Mártir ou Milicianos; ata a literatura con obras como Cousas, Retrincos ou Sempre
en Galiza; sen esquecer as súas numerosas colaboracións en diarios e revistas, como El Sol de Madrid, A Nosa Terra e La Semana Universal de Bos Aires. Tras unha primeira vinculación co
movemento agrarista Acción Galega, Castelao adhire as Irmandades da Fala e empeza a participar no movemento galeguista. Elixido deputado nas Cortes republicanas de 1931 e 1936, é desterrado
a Badaxoz en 1934 polo goberno de dereitas. Tras a Guerra Civil exíliase en Nova York. Desenvolve unha intensa actividade de reorganización do movemento galeguista no exterior e é elixido,
en 1944, presidente do Consello de Galicia. En 1946 é nomeado ministro do goberno da república no exilio. Fina o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires.