Requisitos e información sobre xeración de solicitudes de procesos de xestión de persoal

Play all audios:

Loading...

DOCUMENTACIÓN NECESARIA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN NA SITUACIÓN DE SERVIZOS ESPECIAIS * Deberá achegarse coa solicitude a documentación que motive o pase á situación de servizos especiais.


SOLICITUDE DE DECLARACIÓN NA SITUACIÓN DE SERVIZOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS * Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión nun posto doutra Administración con carácter


definitivo. SOLICITUDE DE EXCEDENCIA VOLUNTARIA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO SECTOR PÚBLICO * Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión, contrato ou calquera outro documento


que acredite a toma de posesión noutro corpo/escala. SOLICITUDE DE EXCEDENCIA VOLUNTARIA POR INTERESE PARTICULAR * Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión, contrato ou


calquera outro documento que acredite o motivo da excedencia. O persoal funcionario de carreira pode solicitar a excedencia por interese particular sendo preciso ter prestado servizos


efectivos en calquera das administracións públicas durante os cinco anos inmediatamente anteriores e nela non se poderá permanecer menos de dous anos continuados (artigo 57.2 do Decreto


lexislativo 1/2008, do 13 de marzo). SOLICITUDE DE EXCEDENCIA VOLUNTARIA PARA O COIDADO DE FILLOS/AS * Fotocopia compulsada do libro de familia, e/ou documento público que acredite a


filiación. * Declaración de non realizar ningunha actividade que poida impedir ou menoscabar o coidado do fillo/a. SOLICITUDE DE EXCEDENCIA VOLUNTARIA PARA O COIDADO DE FAMILIARES *


Fotocopia compulsada do libro de familia, e/ou outro documento público que acrediten a relación de consanguinidade ou afinidade no grao que establece o artigo 57.4 do Decreto lexislativo


1/2008, do 13 de marzo. * DNI da persoa familiar. * Declaración do/a funcionario/a de que non realizará ningunha actividade que poida impedir ou menoscabar o coidado da persoa familiar. *


Certificado médico oficial ou documento dos órganos da Administración Pública competente na materia, acreditativo da situación de dependencia por idade, accidente, enfermidade ou


discapacidade. * Certificado que acredite que non se está de alta en ningún Réxime da Seguridade Social pola realización dun traballo por conta propia ou allea e declaración da persoa


dependente de que non desempeña actividade retribuída algunha. A Administración poderá solicitar calquera outra documentación que considere necesaria.