Carreira administrativa e complemento de desempeño - Xunta de Galicia

Play all audios:

    

Desde esta sección o persoal funcionario ou persoal laboral do V convenio colectivo único da Xunta de Galicia atopará toda a información e servizos necesarios para o acceso ao sistema


transitorio extraordinario de acceso aos graos I e II da carreira administrativa para o persoal funcionario ou do complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.


Acceso ao sistema para consulta e/ou acreditación de méritos requiridos


As listaxes de requirimentos publicadas no DOG o día 19/07/2024 refírense á baremación feita a finais de xuño de 2024.


Mentres se elaboraron e publicaron as listaxes seguíronse validando paralelamente os méritos pendentes anteriormente presentados, polo que é posible que se accede ao seu expediente de FIDES


poida ver que os seus méritos xa figuran validados a día de hoxe.


Tanto se os méritos figuran validados como se xa os presentou e figuran pendentes de validación, non é necesario que faga ningunha acción, sempre que os devanditos méritos sumen as horas


suficientes para acadar o grao solicitado e sexan de organismos válidos para o baremo, que pode consultar na orde de convocatoria.