- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:
PRIMEIRO ACCESO No formulario de alta é necesario incluír un número de teléfono móbil no que, ao completar a alta, recibirá unha mensaxe de texto cunha clave de acceso provisional. A
continuación deberá acceder ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia e introducir o seu NIF e esa clave provisional. O sistema pediralle que escriba e
repita unha nova clave, que a partir dese momento será a súa clave de acceso persoal, e que terá que lembrar para futuros accesos. USO NA SEDE ELECTRÓNICA * Identificación: a sede
electrónica ofrécelle a posibilidade de identificarse con certificado dixital, DNI electrónico, Chave365 ou Cl@ve. Se elixe esta última opción, ten que introducir o NIF e a clave de acceso
persoal. * Sinatura: no momento de proceder á sinatura dixital dun documento con Chave365 recibirá no seu móbil unha mensaxe cun código de sinatura dun só uso, específico para ese trámite,
que terá validez para a sinatura dese documento. MODIFICACIÓN DA CLAVE DE ACCESO (CONTRASINAL) A clave de acceso ten que modificarse no primeiro acceso ao sistema e, como mínimo, 1 vez ao
ano, para ofrecer as garantías de seguridade axeitadas. Se transcurrido 1 ano vostede non cambiou a súa clave de acceso, dispón de 5 intentos para facer o cambio en
https://sede.xunta.gal/a-mina-sede/preferencias. Lembre que unha vez consumidos eses 5 intentos, non se permitirá o acceso e deberá cambiar a súa clave por unha das seguintes canles: *
Certificado dixital, DNI electrónico, Chave365 ou Cl@ve accedendo ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia: na parte superior dereita atópase o acceso a
"Os meus datos", onde poderá cambiar a súa clave de acceso no apartado de preferencias de Chave365. * Se ten instalada a app XuntaEu no seu teléfono móbil pode modificar a súa
clave accedendo ao apartado "Chave365 Activo". * Presencialmente nalgún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365, tal como se recolle en https://www.xunta.gal/chave365/solicitude Para modificar a clave a través da sede electrónica acceda ao
apartado "A miña sede" e siga estes pasos: * Introduza o seu NIF (DNI ou NIE) e clave de acceso. Se é a primeira vez que accede, debe introducir a clave provisional que recibiu
por SMS. Se ten certificado electrónico instalado no navegador, tamén pode empregalo para acceder. * Prema en "Os meus datos". * Prema en "Preferencias". * Introduza o
contrasinal que recibiu por SMS (se é a primeira vez que accede) ou o seu contrasinal actual. * Introduza un novo contrasinal. Debe ter como mínimo 6 díxitos, entre letras e números. *
Repita o novo contrasinal. * Prema en “Gardar”: o seu contrasinal xa está modificado. A continuación peche o navegador e volva abrilo para seguir empregando a sede accedendo coa nova clave.